Organizan unha ruta especial por Lugo dedicada á arte urbana de Borja Porto

LugoXa
A actividade, que xa conta con máis de 50 persoas inscritas, permitirá afondar na traxectoria artística de Borja Porto, membro da coñecida xeración Otro Prisma
Arte-Lucus-Borja-Porto
14 Mar 2025

Este sábado, 15 de marzo, de 11,00 a 13,00 horas, o guía turístico lucense Guido Álvarez Parga organizará unha ruta especial dedicada á arte urbana de Borja Porto, destacado graffiteiro, muralista e impulsor do proxecto Arte Lucus.

A actividade, que xa conta con máis de 50 persoas inscritas, permitirá afondar na traxectoria artística de Borja Porto, membro da coñecida xeración Otro Prisma, unha das máis prolíficas da cidade de Lugo. Xunto a nomes como Diego AS, Rubén Paz (Trece Trazos), Tirso Paz (Bublegum), Guille Paz (Nesui) ou Mosca, Borja destaca como un dos veteráns desta corrente creativa, con máis de dúas décadas de intervencións artísticas no espazo público.

O percorrido comezará no Parque de Albeiros, no propio barrio do artista, que será un dos eixos principais da ruta. Durante o paseo, as persoas asistentes poderán coñecer de preto as obras, a evolución estilística e o impacto social da arte mural de Porto, así como o contexto no que se desenvolveu a súa carreira.

⚙ Configurar cookies
0.17537689208984