Organizan unha visita á exposición de instrumentos da CENTRAD e un concerto
LugoXa
Poderase gozar dun concerto de música antiga e tradicional a cargo da agrupación de adultos do Centro de Música Glissando, a Orquestra de Cámara Lug
30 Nov 2024
O Centro de Música Glissando, en colaboración co CENTRAD, organizan unha actividade gratuíta para esta tarde de sábado a partir das 18.00 horas.
Esta consistirá consiste nunha visita guiada á Colección de instrumentos musicais do CENTRAD e á exposición temporal do certame de debuxo 'Celme de zanfona 2024'.
A continuación, poderase gozar dun concerto de música antiga e tradicional a cargo da agrupación de adultos do Centro de Música Glissando, a Orquestra de Cámara Lug, onde tamén participan os nenos da Orquestina Glissando, con idades comprendidas entre os 6 e os 10 anos.
A visita á exposición será comentada por Luciano Pérez e a dirección musical correrá a cargo de Manuel F. Gayol.