Organízase en Lugo unha palestra sobre o libro 'Cento doce viaxes na miña terra'
Este luns, o Vello Cárcere de Lugo acolle unha unha palestra sobre o libro Cento doce viaxes na miña terra, na que intervirán Cosme Pombo da Asociación do IV Ciclo de Lugo e Xoán Colazo, autor da obra. A peza é un convite a camiñar e redescubrir a nos aterra, para sermos conscientes da nosa historia, da rica arte, da natureza vizosa, da toponimia do noso, das poéticas formas dos montes, ribeiras e vales.
Invita a descubrir espazos como O Pazo de Tor, A Marronda, Friol, Santa Baia de Bóveda, A Charca do Alligal, Val de Visuña ou o Pazo de Arxeriz. Cento doce viaxes na miña terra é un mundo enormemente variado e sen igual na Galicia enteira con só repartir e seguir as indicacións do propio autor. Un mundo nnca coñecido por completo, no que sempre hai un recuncho especial, algo novo que ver, algún espazo precioso e belo.