Os accesos de Santa Cristina de San Román serán mellorados con 115.000 euros do Plan Único

LugoXa
Los vecinos de Santa Cristina de San Román recibieron los proyectos de mejora de los accesos municipales con fondos del Plan Único.
Plan Único vecinos santa cristina
28 Feb 2022

Os veciños de Santa Cristina de San Román recibiron o proxecto de mellora de dous importantes accesos viarios municipais nesta parroquia, obra na que se investirán 115.000 euros.

Actuarase en preto de dous quilómetros de estradas, concretamente na de Allariz e Camiño de San Román e no viario que, partindo de estrada provincial CP-24-02 atravesa o lugar do Val ata as proximidades da estrada provincial CP-16-11. Estes camiños atópanse moi deteriorados debido á súa antigüidade, ao uso e ás inclemencias meteorolóxicas sufridas co paso do tempo, polo que urxe proceder á súa rehabilitación.

A rexedora trasladoulles aos representantes veciñais o compromiso do Concello lucense co impulso rural, onde se levan investidos en melloras de camiños máis de dous millóns de euros neste mandato co obxectivo de que “a vida nas parroquias sexa máis cómoda e máis competitiva para atraer e axudar a asentar poboación”. “Con esta actuación damos resposta a unha demanda da poboación que vive en cinco núcleos, Allariz, Illar de Amigo, San Roman, Tedín e O Val, e que beneficiará de maneira directa aos 85 veciños que residen nestas zonas”, sostivo.

A execución nestes viarios consistirá na rexeneración do firme, a limpeza de cunetas e taxeas co fin de restablecer a drenaxe e facilitar a evacuación da auga para que non ocasione danos sobre a pista unha vez reparada, e a cobertura cunha capa de rodadura en quente e a correspondente sinalización.

Méndez e Fernández comentaron coa veciñanza outras necesidades, que se comprometeron a estudar.

Esta obra enmárcase nas melloras que o Concello apostou este ano por incluír Plan Provincial Único de Cooperación 2022, co que se investirán, só no rural, 548.000 euros, e que permitirá melloras en sete estradas en cinco parroquias e dous execucións de abastecemento de auga.

Estas actuacións súmanse a outras correspondentes ao Plan Único do 2021 nas parroquias de Camoira, Tirimol, Pedreda, Santo André de Castro, San Mamede dos Anxos, Calde, San Pedro de Mera, Vilachá de Mera, Prógalo e Poutomillos, algunhas xa executadas e as restantes que se executarán proximamente. Así como obras en Santiago de Sáa, O Burgo e Bascuas, financiadas a través de AGADER.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15687417984009