Os accesos e saídas do aparcadoiro de Santo Domingo realizaranse pola mesma rampla
No marco das intervencións de peonalización do centro histórico de Lugo, este martes pola tarde a empresa adxudicataria das obras da Praza de Santo Domingo traballará na execución da pavimentación da rampla de acceso de entrada ao aparcadoiro soterrado sito nesta praza. Estes traballos poderían estenderse ate entrada a noitiña, coa finalidade de axilizalos todo o posible.
Dende ese momento e ata o xoves pola mañá, os accesos ao estacionamento faranse pola rampla de saída, combinando alternativamente a entrada e a saída (tal e como se fixo tamén no aparcadoiro da Praza do Ferrol) contando co apoio de persoal que controlará a afluencia de vehículos en prol de garantir a seguridade viaria. Para acceder á rampla habilitada haberá que circular pola zona, establecida en obra como viario, pegada ao convento.