Os alumnos da USC do Máster de avogacía realizarán prácticas na Deputación de Lugo

LugoXa
Los alumnos del máster de abogacía de la USC realizarán las prácticas en la Diputación de Lugo tras la firma del convenio.
Convenio Máster Oficial Avogacía (1)
22 Abr 2022

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou xunto ao decano do Colexio Oficial de Avogados de Lugo, Félix Mondelo, un convenio de colaboración para o alumnado do Máster Oficial de Avogacía da USC. Oito estudantes realizarán o período de prácticas na institución provincial, completando a súa formación académica na Asesoría Xurídica da Deputación.

Tomé Roca destacou o bo facer dos alumnos e alumnas deste máster no que se atenden cuestións relacionadas coa institución provincial e se dá servizo aos concellos da provincia de Lugo, moitos deles de pequeno tamaño e con poucos recursos para asumir pola súa conta os procesos xurídicos. Así mesmo, incidiu en que “a Asesoría Xurídica supón, polo tanto, a garantía de contar cun servizo de primeiro nivel, atender en tempo en forma este tipo de procesos e un aforro de custes”.

Os alumnos e alumnas realizarán un total de 75 horas de prácticas nos próximos meses. Desempeñarán diferentes tarefas e cumprirán os obxectivos de coñecer o funcionamento da Asesoría Xurídica, estudar expedientes, acudir xunto cos letrados e letradas aos Xulgados, elaborar informes e asistir a actuacións administrativas tanto escritas como orais, entre outras.

0.20104002952576