Os alumnos do IES Leiras Pulpeiro de Lugo foron recibidos na Casa Consistorial
A alcaldesa, Lara Méndez, recibiu hoxe no Salón de Plenos da Casa Consistorial a 60 alumnos e alumnas do IES Leiras Pulpeiro de Lugo e de Todi, - provincia de Perugia en Umbría – Valença do Minho e Touluse que estes días realizan un intercambio educativo co instituto lucense co que manteñen un nexo común a través do Camiño de Santiago e da Vía di Francesco en Italia, dentro do proxecto “Convivindo no Camiño” no que o estudantado traballa sobre os valores da peregrinaxe, a convivencia, a solidariedade e a tolerancia.
A rexedora aproveitou o encontro para coñecer que impresión lles transmitiu a cidade ao tempo que departiron sobre as súas vivencias e as actividades que están a realizar ao abeiro do programa Erasmus+, dentro do que se inclúe esta iniciativa.
Lara Méndez lles achegou, tamén, outros datos de interese do municipio como os programas europeos cos que o concello está a experimentar a súa segunda gran transformación baseándose na sostibilidade e no aproveitamento dos recursos propios como claves para a recuperación económica e o desenvolvemento empresarial, básico para a creación de oportunidades laborais.
A alcaldesa, que xa compartira hai algunhas semanas uns momentos coa comunidade educativa do Leiras Pulpeiro, desexou ás e aos integrantes do programa que desfrutaran moito da súa estancia na capital e da propia experiencia do intercambio “enriquecedora a nivel formativo pero tamén persoal”.