Os alumnos do IES Lucus Augusti publicarán a segunda edición do libro 'Nós tamén temos historia'
Os alumnos do IES Lucus Augusti publicarán a segunda edición do libro Nós tamén temos historia gracias á colaboración asinada con Ediciones Desdelugo.
A obra recolle a histoira de antepasados dos alumnos de 2º de ESO A e 3º de ESO B, C e D do curso 2021-2022, relatadas por eles mesmos e está cordinado polo profesor Gaspar Méndez Fuentes.
É un libro que reflicte un pasado recente da nosa historia do que moitas veces non somos conscientes. Avós e avoas, bisavós e bisavoas dos alumnos participaron por convicción ou obrigados nunha guerra civil, historias de persoas que sobreviviron a feitos terribles e outras que non o fixeron, foron pasando de pais a fillos, e netos, recolléndose nun documento que se pode considerar coma unha fonte histórica da nosa cidade.
Esta publicación tamén inclúe historias de persoas que se viron envoltas en acontecementos históricos doutros países, coma o golpe de estado de Augusto Pinochet, a guerra de independencia de Alxeria ou persoas que viron doutros países tras contendas coma a mesma II Guerra Mundial.
Historias de emigrantes retornados, ou doutros que non volveron xamais á súa terra. Persoas que perderon anos da súa vida loitando en guerras nas que se viron atrapados ou mesmo en cárceres coma a de Lugo, simplemente por ter ideas diferentes.
O libro contará cun formato que facilita a lectura ao ser pequenas fichas con fotografías e un texto escrito polos propios alumnos. Este libro será realizado integramente en Lugo, dende a preparación, maquetación, impresión ata a distribución.
A primeira edición pódese consultar aqui: https://read.bookcreator.com/78Ky3nbKPMTWtRSKILSVHnyCsgy2/beC8kmW1Q2yHRhC09wKTLQ