Os amantes da poesía xa poden participar na nova edición do Lugo a versos

LugoXa
No mes de marzo a cidade acolle a IV edición de Lugo a Versos, a campaña de O Vello Cárcere para celebrar o Día Internacional da Poesía.
16 Mar 2024

No mes de marzo a cidade acolle a IV edición de Lugo a Versos, a campaña de O Vello Cárcere para celebrar o Día Internacional da Poesía. Este proxecto ten o obxectivo de conmemorar e divulgar a rica poesía galega, de forma presencial e virtual. A campaña estará aberta a toda a cidadanía e contará coa participación nas redes sociais e no recital que irá acontecer o día 21 de marzo ás 18,00 horas, no panóptico do centro.

Do 14 ao o 21 de marzo as persoas interesadas en participar deberán subir ás súas redes sociais (Facebook, Instagram, Twitter) un vídeo ou audio recitando poesía ou ben unha imaxe compartindo un poema galego en formato texto. Cada poema deberá ir acompañado do título e da autoría correspondente (que pode ser propia ou non). Todos os vídeos, audios ou imaxes que formen parte desta iniciativa deberán ir acompañados dos cancelos #OVelloCarcere e #LugoaVersos, e etiquetar os perfís de O Vello Cárcere (Facebook, Instagram ou Twitter).

O recital de poesía terá lugar o xoves 21 de marzo ás 18.00 horas e as inscricións estarán abertas do luns 18 ata o mércores 20 ás 18.00 horas. As persoas interesadas en recitar deberán inscribirse a través do correo vellocarcere@lugo.gal indicando nome, apelidos, número de teléfono, e poñendo no asunto do correo ‘Recital Lugo a Versos 2024’. Durante o evento, e previa autorización das persoas participantes, gravaranse as intervencións co fin de ser posteriormente publicadas na canle de YouTube e promocionadas a través das redes sociais. O acto estará aberto ao público ata completar aforo.

0.18119978904724