Os Amigos do Camiño de Lugo percorreron a etapa dende o Cebreiro ata Triacastela

LugoXa | SarriaXa
La Asociación de Amigos del Camino de Santiago de la provincia de Lugo realizó la etapa O Cebreiro-Triacastela.
asociacion camino santiago cebreiro triacastela4
10 Feb 2022

A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Provincia de Lugo percorreu o pasado domingo a etapa do Camiño Francés que vai dende O Cebreiro ata Triacastela.

Esta é unha asociación sen ánimo de lucro fundada en 1987 que persegue traballar na defensa, conservación e revitalización dos distintos roteiros xacobeos na provincia de Lugo; desenvolver e promover todo tipo de actividades relacionadas co Camiño xa sexan conferencias, reunións, viaxes, peregrinacións ou camiñadas.

Este grupo encárgase de investigar a historia e a cultura relacionada co movemento xacobeo, colabora con organizacións e institucións relacionadas co Camiño de Santiago que actúan dentro ou fóra do ámbito territorial da Asociación.

Esta Asociación leva a cabo, ao longo de todo o ano, actividades moi diversas como a celebración de marchas os domingos, nas que se percorren etapas dos distintos Camiños a Santiago: Francés, Primitivo ou de Oviedo, Norte e Sur ou de Inverno, asi como outros moitos roteiros na Comunidade galega e nas comunidades contiguas. Tamén realizan outras viaxes culturais relacionadas co Camiño.

Nesta ocasión, o grupo decidiu realizar unha das etapas do Camiño Francés entre o Cebreiro e Triacastela

Os camiñantes tiveron unha dura subida ao alto de San Roque, onde se localiza a emblemática figura do peregrino en loita contra o vento e, sobre todo, ao Poio, teito do roteiro por Galicia cos seus 1.335 metros de altura. Estas dúas pendentes compensáronse co posterior descenso ata Triacastela, localidade de gran beleza.

Ao longo de todo o camiño alternáronse as belas panorámicas das serras dos Ancares e o Courel e, xa na baixada, do monte Oribio, nun itinerario zigzagueante que atravesou bonitos enclaves rurais, recunchos sorprendentes que permitiron a asociación admirar un castiñeiro centenario.

0.1905210018158