Os arqueiros da Escola Lucense protagonizan dúas competicións moi axustadas na Laracha e As Pontes

LugoXa
O club asinou varios cuartos postos e logrou bos resultados no Trofeo Concello da Laracha e no Torneo Concello das Pontes en formato Las Vegas
Club-Escola-Lucense-Tiro-con-Arco
9 Dec 2025

Os arqueiros da Escola Lucense de Tiro con Arco disputaron unha intensa fin de semana competitiva, con presenza destacada tanto no II Trofeo Concello da Laracha como no XXVI Trofeo Concello das Pontes, neste último baixo o formato Las Vegas. Nas dúas probas a participación foi moi reñida, con clasificacións moi apertadas que se decidiron practicamente nas últimas frechas.

No torneo da Laracha, na categoría Recurvo Alevín Absoluto, Áxel Fernández Arias concluíu en cuarta posición cun total de 498 puntos tras unha actuación moi constante. Na modalidade de Tiro Instintivo Absoluto, Fon Villamiel tamén quedou ás portas do podio ao rematar cuarto con 509 puntos, seguido de José Ángel Otero Martínez, que foi sexto con 501 puntos, e de José Barreiro López, que ocupou o noveno posto con 488 puntos.

Paralelamente, sete arqueiros do club lucense desprazáronse ata As Pontes para participar no tradicional Trofeo Concello das Pontes, unha proba que constou de tres entradas de trinta frechas cada unha e que mantivo a igualdade ata os derradeiros disparos. Na categoría Recurvo Sénior Absoluto, Andrés Casaleiro Piña logrou a quinta posición cunha marca de 778 puntos; Ana Isabel Villar Fernández situouse no décimo quinto posto con 654 puntos; Juan Carlos Fernández Villar foi décimo sétimo con 530 puntos e Celia Sánchez Mateos, vixésima con 391 puntos.

Na categoría Recurvo Cadete Absoluto, Brais López Neira asinou unha sólida actuación que lle permitiu alcanzar a sexta posición con 628 puntos, pechando así unha xornada na que a Escola Lucense volveu demostrar o seu bo nivel competitivo.

⚙ Configurar cookies
0.079952001571655