Os Baluros presentan en Castro de Rei a súa nova obra

O grupo de teatro Os Baluros levará aos escenarios a súa obra titulada Recobrou o sorriso Eleuterio o próximo sábado 11 de xaneiro ás 20:00 horas no centro cultural Xosé Manuel Carballo.
Trátase dunha representación teatral pensada para todos os públicos, que promete momentos cheos de humor e emoción. Ao remate da función, o público e os actores poderán gozar dun momento especial compartindo chocolate gratis.