Os bos resultados seguen para o PortaMiñá que incorpora 40 metais ao seu medalleiro

LugoXa
Os alevíns fixéronse co título de campión galegos por diante de 25 equipos de toda Galicia
portamiña
25 Xuño 2024

O Club Natación PortaMiñá segue a sumar grandes grandes resultados. O equipo absoluto finalizou a súa participación a competición nacional máis importante desta tempada, o Campionato de España Open Trials, que se disputou en Palma de Mallorca onde competiron os mellores nadadores nacionais en busca da clasificación para os Xogos Olímpicos de París.

Nesta competición destacou excesivamente Inés Mourenza conseguido, na súa categoría junior anterior á absoluta, tres medallas de prata en 1500 e 800 libres, en 200 bolboreta con Mellor Marca Galega de 17 anos e a medalla de bronce en 400 libres. Ademais, clasificouse na categoría absoluta 7ª en 800 libres, 6ª en 1500 libres, 9ª en 200 bolboreta e 10ª en 400 libres. Inés encamiña agora a súa preparación ao Campionato de Europa de Augas Abertas coa selección española que se celebrará en Viena (Suíza) do 11 ao 14 de xullo e no que competirá na distancia de 7500 mts.

Pola súa parte, Sofía Mourenza clasificouse en 100 braza en 4ª posición junior e 9ª absoluta, en 200 braza 4ª junior e 10ª absoluta, en 50 braza 8ª junior  e 12ª absoluta e en 400 estilos 15ª junior. Martín Vázquez finalizou 10⁰ absoluto en 50 bolboreta; Brais Novo logrou o posto 11⁰ en 200 braza en categoría absoluta, 25⁰ absoluto en 100 braza e 33⁰ en 50 braza. Ademais participaron Brais Pérez en 200, 400 e 1500 libres,  Carmen López e Marta aRous na substitución de 4x100 estilos feminino e Samuel Gómez en 50, 200 e 400 libres.

En Cervo disputouse o Campionato Galego Alevín no que os Alevíns do PortaMiñá non quixeron ser menos que os seus compañeiros en Palma de Mallorca e fixéronse co título de campión galegos por diante de 25 equipos de toda Galicia. Nesta competición conseguiron 11 medallas de ouro, 12 de prata e 13 de bronce. Sen dúbida un novo éxito do PortaMiñá que segue demostrando unha fortaleza e dominio sorprendente na natación Galega.

0.17972993850708