Os Cadetes da Escola Luguesa de Xadrez, campións da Copa de Clubs
Os cadetes da Escola Luguesa de Xadrez, están de noraboa. E é que o equipo converteuse en gañador no Campionato Copa Xunta de Galicia de Clubs. Asemade, na categoría absoluta, a Escola Luguesa de Xadrez acadou o cuarto posto.
Na categoría Cadete, o primeiro equipo da escola, non partía entre os favoritos do torneo, xa que se situaba en quinta posición no ranking internacional. O torneo foi moi disputado entre equipos moi igualados. O equipo lucense logrou impoñerse nos primeiros seis enfrontamentos e conseguiu empatar o último, contra a Escola Xadrez Compostela, primeiros no ranking inicial.
Unha gran actuación do equipo lucense que conseguía a vitoria por primeira vez na súa historia. Dos cadetes da Escola Luguesa de Xadrez foron Pedro Fernandez, Samuel Fonteboa, Pablo López, Uxío Vilariño e Marcos Alfonso. Todos eles conseguiron subir no ranking internacional.
O equipo Cadete B formado, na súa gran maioría, por xogadores infantís, lograron un meritorio duodécimo posto, onde participaron Antón Vilariño, Luis Reboredo, Iago Meilán, David López e Aldara Lomba.
Na categoría Absoluta, o gran premio foi para o club de Rianxo, pero os lucenses non quedaron anda mal ao clasificarse no cuarto posto. A escola presentaba dous equipos, o Escola Luguesa A fixo un gran torneo acadando ese cuarto posto logo de partir de décimos. Neste equipo competiron Pablo López, Carlos Casares, David Carballo, Andrés Graña e Alfonso Arango. Un torneo que, ademáis, resultou clasificatorio para o campionato estatal por equipos que se xogará no mes de agosto.
O equipo B da escola estaba formado, esencialmente, por xogadores Cadetes, onde partían de 27 e lograron ascender ata o posto 17. Este equipo estaba formado por Adan Carballido, Antón Vilariño, Uxío Vilariño e Samuel Fonteboa.