Os cantos de taberna poñerán a nota musical en Baleira este sábado

LugoXa
Os cantos de taberna chegan ao Concello de Baleira este sábado 9 de xullo a partir das 20.00 horas da man de cinco agrupacións
1Cantos taberna baleira
7 Xul 2022

O Concello de Baleira e a Asociación de Hostalería da localidade colaboran coa Asociación Cultural Camiño Primitivo de Baleira na organización da terceira edición de Cantos de Taberna. Unha cita que continúa a consolidarse na localidade e na que cinco agrupacións musicarán os bares do concello.

Airiños do Neira, Nove Ferreñas, Os do Trece, Os Gaioleiros e Toxo Queimado serán os encargados de poñer a nota musical, este sábado, día 9 de xullo, a partir das 20.00 horas.

0.060610055923462