Os Cantos de Taberna volven a Baralla en marzo
LugoXa
Baralla volverá desfrutar cos Cantos de Taberna o vindeiro sábado 4 de marzo nunha xornada chea de música e diversión
17 Feb 2024
O vindeiro 2 de marzo Baralla celebra a cuarta edición do Cantos de Taberna. A música encherá as rúas ao ritmo de gaitas e pandeiretas de diferentes grupos da provincia entre os que se atopan:Os Amigos de Lugo, Pandereteiras Neiqui de Navia de Suarna, Os Xardois de Cervantes, Batifoula de Vilalba, Toxo Queimado de Baleira, Agustiños de Lugo, Val de Láncara, Os do 13 de Vilalba, Airiños do Neira de Baralla, As Gaioleiras de Cervantes e Abrente das Nogais.
Colaboran diferentes bares da localidade e ao rematar haberá pinchos para os grupos participantes e foliada na praza da vila.