Os celadores de urxencias do HULA volven concentrarse na porta principal do hospital

Os celadores de urxencias do HULA volven concentrarse na porta principal do hospital, tal e como avanzaron e están a facer de luns a venres en horario de 12:00 a 12:15.
Así, os traballadores seguen a denunciar a situación de colapso que viven nas urxencias pola falta de persoal e tamén de recursos materiais.
Ademais, din que a dirección do centro non se reúne con nós, descartou de principio un posible aumento de persoal, a pesar do incremento evidente da presión asistencial nos últimos anos, con consecuencias negativas para os pacientes, tales como tempos de espera e demoras nas probas e nos ingresos excesivos e incompatibles cunha asistencia sanitaria digna e de calidade.