Os Cinco Ríos do Corgo organizan un sábado máis o mercado e rastro

LugoXa
O programa comezará coa apertura do mercado. Haberá postos de vendedores ambulantes e calquera particular tamén poderá achegar o seu.
Feira corgo segunda man
Feira do Corgo
18 May 2024

A Asociación os Cinco Ríos do Corgo, coa colaboración do Concello, recupera o mercadiño e rastro de cousas usadas do municipio. A cita celebrarase o vindeiro 25 de maio ao lado da Cámara Agraria. O programa comezará coa apertura do mercado. Haberá postos de vendedores ambulantes e calquera particular tamén poderá achegar o seu.

Ademais, como novidade todas as persoas poderán levar unha cousa antiga para expoñer e a máis curiosa terá premio. A música tampouco faltará na xornada. O cantante barallés Dani Pardo será o encargado de amenizar a sesión vermú a partir das 12.00 horas. Por último, o mercado contará con postos de polbo para os que queiran gozar da gastronomía durante a xornada. As persoas interesadas en levar algo para vender deberán inscribirse nos teléfonos 636 584 282, 686 65 657 e 670 833 909.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18610095977783