Os Cinco Ríos do Corgo continúa a organizar o mercado no municipio
LugoXa
A Asociación Os Cinco Ríos do Corgo, coa colaboración do Concello, continúa a organizar o mercadiño e rastro de cousas usadas do municipio.
Foto de arquivo
24 Xul 2024
A Asociación Os Cinco Ríos do Corgo, coa colaboración do Concello, continúa a organizar o mercadiño e rastro de cousas usadas do municipio. A cita terá lugar este sábado 27 de xullo ao lado da Cámara Agraria.
O programa comezará ás 10.00 horas coa apertura do mercado. Haberá postos de vendedores ambulantes, de polbo e calquera particular tamén poderá achegar o seu. As persoas interesadas en levar algo para vender deberán inscribirse nos teléfonos 636 584 282 e no 686 65 657.