Os Cinco Ríos organiza unha tarde de baile para a veciñanza do Corgo

LugoXa
Os Cinco Ríos do Corgo organiza unha tarde de baile o vindeiro domingo 26 de maio dende as 17.
baile bailar clases
11 Maio 2024

Os Cinco Ríos do Corgo organiza unha tarde de baile o vindeiro domingo 26 de maio dende as 17.00 ata as 20.00 horas. A cita, que terá lugar no centro sociocultural, está aberta tanto aos asociados como aos que non o son e haberá posibilidade de celebralo todos os domingos en función da demanda dos veciños.

Entre outras propostas do colectivo, encóntranse excursións, o programa para a noite de San Xoán que xa teñen organizado, así como a recuperación do mercado e rastro con sesión vermú e xogos tradicionais cada sábado.

0.13728094100952