Os comerciantes da Praza de Abastos regresaron aos seus postos

LugoXa
Esta mañá os comerciantes da Praza de Abastos regresaron aos seus postos, logo da última remodelación que tivo lugar nas instalacións. 
praza de abastos Lugo remodelacion1
8 Out 2021

Esta mañá os comerciantes da Praza de Abastos regresaron aos seus postos, logo da última remodelación que tivo lugar nas instalacións municipais.

Así, comezaron a instalararse os praceiros dende primeira hora da mañá e trasladaron boas sensacións polas obras acometidas e falaron dal gunhas deficiencias na organización deste primeiro día da asignación de postos.

Nestas obras de mellora leváronse a cabo traballos en materia de accesibilidade como a instalación dun novo ascensor e favoreceuse a comunicación entre pisos cunha rampla, ademais de adaptar o espazo para o mercado de martes e venres así como para outro tipo de eventos.

A intervención, que se programou inicialmente ao abeiro do Plan Urban, supuxo, en total, un investimento público de arredor aos dous millóns de euros.

Segundo o Executivo local "a rehabilitación realizada pon de manifesto a dinamización desta contorna e, nomeadamente, da Praza e o Mercado pola importancia que estes espazos teñen como foco de atracción turística, porque axudan á protección de edificios emblemáticos nos que están situados e ademais promoven hábitos de alimentación saudables e favorecen a economía local grazas a que se consumen máis produtos autóctonos, de proximidade, e son, en definitiva, lugares de convivencia veciñal e familiar”.

Entre as obras realizadas figura o cambio da cuberta do edificio, a modificación da entrada á planta semisoto e da fachada, o aproveitamento da superficie comercial, cunha nova distribución dos usos así como diversas melloras na eficiencia enerxética e na xestión de residuos.

“O que supuxo avanzar no modelo de cidade sostible que defende Lugo pero tamén na estética das instalacións e no seu confort ao gañar en visibilidade en todo o interior do edificio e ampliar as zonas de tránsito, poñendo en valor o patrimonio histórico e cultural xa que, asemade, recuperouse parte da calzada romana que quedou ao descuberto no túnel que comunica o recinto comercial co estacionamento soterrado de Santo Domingo, avanzando tamén na comodidade para as e os usuarios, especialmente nos días de choiva ou moito frío”, engadiron.

0.16597390174866