Os concellos da comarca de Lugo en contra da violencia de xénero
Os concellos que conforman a Comarca de Lugo mostraron a súa repulsión á violencia machista.
O 25 de novembro é a data coa que se conmemora o Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra a muller. Busca principalmente chamar á reflexión a tódolos actores da sociedade para, con accións conxuntas, se poña fin á vulneración dos dereitos das mulleres.
Unha de cada tres mulleres en España asegura que sufriu maltrato por parte dalgunha parella ou ex-parella nalgún momento da súa vida.
Dende o 2003, ano no que comezaron a contabilizarse os asasinatos, son máis de mil mulleres as que deixaron de contar a súa historia. No que vai de ano, foron asasinadas 37 mulleres.
Este tipo de iniciativas serven como apoio e concienciación axudando as vítimas a verbalizar o que lles sucede e poder poñer fin a este tipo de situacións.