Os concellos que integran a Vía Künig renovan o seu compromiso para a posta en valor deste camiño
Os alcaldes dos municipios polos que pasa a Vía Künig na provincia lucense asinan un novo convenio onde se renova o compromiso dos concellos de Lugo, As Nogais, Becerreá, Baralla e O Corgo na defensa, promoción, difusión e posta en valor desta variante medieval do Camiño Francés.
Neste senso, durante a firma se destacou o acordo acadado hai tres anos para sumar esforzos co obxectivo de impulsar de maneira máis eficaz actuacións para o coidado deste vía, patrimonio histórico e un importante recurso turístico.
Entre os traballos que se foron avanzando está a creación da cartografía dos traxectos, a limpeza do camiño e accións de sinalización, estudo e investigación en prol da recuperación da Vía Künig, así como actuacións na mellora da experiencia dos peregrinos ao seu paso polos diferentes concellos.
Nesta sinatura, ademais da rexedora lucense, estiveron os alcaldes de As Nogais, Jesús Manuel Núñez (presidente da comisión de seguimento); de Becerreá, Manuel Martínez; de Baralla, Miguel González Piñeiro, e do Corgo, Felipe Labrada.
O historiador e director do proxecto é Javier Gómez Vila tamén estivo presente.