Os deportistas do Biosbardo, campións por equipos no XI Trail Serra do Barbanza
Unha fin de semana máis, os deportistas do CD Biosbardo disputaron o XI Trail Serra do Barbanza, proba catalogada como G3 (máxima puntuación) na clasificación galega, amosando unha gran nivel así como unhas actitudes tanto competitiva como deportiva que reflicten a súa evolución colectiva. A proba disputada na Pobra do Caramiñal congregaba ás mellores e mellores atletas da especialidade, sendo da máxima puntuación da clasificación galega ó par que contaba con resultados por equipos.
Na competición por equipos, os deportistas non deron tregua, facendo valer a condición de campións galegos de trail running, colocando á totalidade de homes e mulleres no top 10 da proba, facéndose coa vitoria por equipos. En categoría individual, Federico Losada fíxose coa vitoria absoluta, non só sendo gañador da proba senón entrando co seu compañeiro Marcos Pascual á vez en meta cunha diferencia de tan só un segundo amosando ámbolos dous deportistas o seu estado de forma, loitando durante toda a proba pero tamén entrando xuntos en meta como campión e subcampión.
Pola súa banda Fran Pascual e Jonathan Pérez entraban un pouco despois nos postos 6º e 7º absolutos subindo ó podio nas súas categorías (3º máster e 1º sénior respectivamente). En categoría feminina, Fanny Abelenda tivo que conformarse coa 4ª praza absoluta (subcampioa máster) despois de perderse durante a proba cando estaba loitando por facerse coa segunda praza. Un erro desafortunado que non impedía chegar a meta cun sorriso impresionante.
Kenia Estrada proclamouse 3º absoluta, correndo de forma moi intelixente e a tan só 80 segundos da prata. Unha proba máis técnica do que está acostumada a nosa deportista segundo comentaba en liña de meta. Pola súa banda, Enara Fernández entraba pouco despois facéndose coa 4ª praza absoluta (bronce máster).