Os deportistas do Biosbardo soben ao alto do podio no Trail Canóns do Sil e na 10K Ames
Os deportistas do Biosbardo estiveron repartidos por varias probas e retos das xeografías galega, asturiana, castelá e tamén madrileña. Ata unha das clásicas, o Trail Canóns do Sil, en Parada de Sil, desprazáronse para desputar a proba en diversas distancias. Fran Sobrado fíxose coa vitoria absoluta na modalidade de 8k dominando de principio a fin e aumentando a distancia cos seus perseguidores no último tramo de carreira.
Kenia Estrada procalmouse subcampioa absoluta na distancia de 17 quilómetros, realizando unha gran segunda parte de carreira remontando dúas posicións para meterse no podio. Fran Pascual protagonizou un dos “sprints” do día ficando a tan só unhas décimas do podio, que caería a favor do atleta do Arenteiro, Xenxo Laso. Finalmente Fran, coa súa 4a praza absoluta proclamábase subcampión master.
Na 10K Ames, proba homologada, marcada por unha climatoloxía dura, destacaron dous nomes no circuíto de Bertamiráns. Tamara García foi campioa senior cun tempo de 38’58’’, sendo cuarta da clasificación xeral e Emilio Montilla proclamouse campión veteráns cun tempo de 35’53’’, inmerso xa na preparación do galego de media maratón.