Os deportistas do Biosbardo suman catro novas medallas

LugoXa
Iván Sangiao proclamábase ganador absoluto no Trail de San Isidro, mentres que Jonathan Pérez, Kenia Estrada e José Vázquez lograban un bronce en distintas competicións
ivan_sangiao_biosbardo
Iván Sangiao
29 Maio 2024

De novo, o Biosbardo asumiu outra fin de semana cargada de competición para os deportistas con participación repartida en máis de 7 eventos. Entre eles, estiveron presentes no Trail de San Isidro que, dentro do circuíto Arousa Neo Trail Series, era a última proba do mesmo cun percorrido moi duro posto que en tan só 20 quilómetros da súa proba longa acumulaba un desnivel superior ós 3.000 metros en plena Serra do Barbanza.

Iván Sangiao regresaba á competición e proclamábase ganador absoluto. Xa desde o primeiro quilómetro marchou no grupo de cabeza, liderando en solitario desde o quilómetro 10 realizando unha carreira impecable que lle permitiu subirse ó mais alto do caixón. Pola súa banda, Jonathan Pérez instalábase no grupo perseguidor chegando cunha sétima posición absoluta e bronce de categoría.

José Vázquez debutaba no Trail dos Muíños, en Riotorto, sendo tamén a estrea da distancia no evento lucense. Foi unha proba rápida, na que o deportista entraba cuarto absoluto en meta e coa medalla de Bronce Veterán. Outra das probas duras era a do Trail de San Lorenzo, ós pés da comarca berciana onde Kenia Estrada continúa a súa racha de podios absolutos, nesta ocasión facéndose co bronce absoluto na distancia longa.

 

0.19705319404602