Os deportistas do Club Biosbardos desputaron no Gran Premio de Montaña A Rúa

LugoXa
Esta fin de semana os deportistas do Club Biosbardos desputaron no Gran Premio de Montaña A Rúa de Valdeorrás
Eneko Hurtado biosbardos club lugo 1
6 Out 2021

Esta fin de semana os deportistas do Club Biosbardos desputaron no Gran Premio de Montaña A Rúa. Así, entre outras probas, acadando bos resultados nunha xornada marcada pola choiva de primeira hora que deixou o terreo máis complicado do que xa é a propia serra.

Na carreira de Minitrail, de 17 km e 1.870 metros de desnivel acumulado, Jonathan Pérez realizou unha carreira rápida e controlada dende o primeiro momento, facéndose co 1o posto sénior e 7o absoluto.

No Trail curto de 24 quilómetros e 3.430 metros de desnivel acumulado Eneko Hurtado a pesares de sair atrás conseguíu remontar posicións nos últimos 5 quilómetros ata facerse co 3º posto da categoría sénior

Na Copa Galega de Carreiras Por Montaña que consta de 45 quilómetros con 5.422 metros de desnivel acumulado, Iván Sangiao foi o subcampión absoluto.

Con esta participación os deportistas lucenses encaran o último trimestre do ano centrados nas súas especialidades de ruta e trail nun bó estado de forma e con mellores sensacións.

Eneko Hurtado biosbardos club lugo
0.11214709281921