Os deputados do PP lucense reúnense con representantes da plataforma Ulloa Viva
Os deputados do Partido Popular por Lugo no Congreso, Francisco Conde, Jaime De Olano e Cristina Abades, xunto ás deputadas galegas Rosa Quintana e Tristana Moraleja, trasladaron durante unha reunión con representantes da Plataforma Ulloa Viva a súa vontade de “manter un diálogo aberto” en relación á implantación do proxecto de Altri para a fabricación de fibras sostibles en Palas de Rei.
O deputado lucense e portavoz do Grupo Popular na Comisión de Industria e Turismo, Francisco Conde, subliñou que dende o Partido Popular “defendemos que o proxecto se rexa por un procedemento que garanta a defensa do medio natural, o medio ambiente, o patrimonio e o impacto sobre otras actividades económicas”.
Conde incide na importancia da implantación deste proxecto dende o punto de vista industrial e da creación de emprego. “É unha oportunidade para xerar dinámicas positivas no rural, asentar poboación e loitar contra o reto demográfico”.
De Olano trasladou ás representantes da plataforma que desde o Partido Popular “daremos continuidade ás reunións tantas veces sexan necesarias coa máxima transparencia, coa convicción de que todos buscamos o mellor para a comarca da Ulloa”.