Os deputados do PP provincial din que lle desexan "moitos acertos" a Miguel Fernández

LugoXa
Os deputados do Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo reuníronse nas Nogais, continuando así coa política de “deslocalizar” as reunións de traballo e así poder valorizar a riqueza da provincia.
PP provincia de Lugo As Nogais
14 Xan 2024

Os deputados do Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo reuníronse nas Nogais, continuando así coa política de “deslocalizar” as reunións de traballo e así poder valorizar a riqueza da provincia.

Así, dixeron que desexan “moitos acertos” a Miguel Fernández á fronte de vías e obras, despois de que se coñecese que será o novo responsable deste servizo, e pídenlle “que non copie o sectarismo e os malos hábitos” do seu predecesor “que impuxo o municipalismo de amiguetes arranxando unicamente as estradas provinciais daqueles municipios gobernados polos seus afíns”.

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, explica que “tendemos a man a Miguel Fernández, como fixemos co seu antecesor” para poder sentarnos a falar e chegar a consensos e “mellorar a rede viaria provincial xa que se trata de garantir a seguridade viaria”.

O grupo provincial do Partido Popular mantén a liña iniciada ao comezo do mandato de deslocalizar as reunións de traballos e organización de grupo, que se convocan ao longo da provincia demostrando que se pode apostar polo trato igualitario na provincia, aproveitando ademais para convidar ás mesmas aos alcaldes e voceiros da zona.

Os populares ven imprescindible que o Goberno provincial reclame ao Goberno central “actuacións inmediatas e contundentes” no mantemento da autovía A6 e da N-VI para evitar situacións de risco aos condutores. “No propio desprazamento ás Nogais fomos testemuñas de como un vehículo rebentou unha roda ao pasar por un dos enormes baches que hai na vía”, explican.

Tamén ven fundamental o compromiso do Goberno de Tomé coa residencia de Becerreá: “Segunda xunta de goberno do ano e seguimos sen compromisos e fondos para acadar a apertura desta residencia neste 2024, un servizo fundamental para toda a comarca da Montaña luguesa”, finalizan.

0.21648693084717