Os deputados populares instan a Tomé a facilitar a documentación solicitada sobre o Plan Parcial de Paradai

LugoXa
O PP explica que a venda pública de terreos que fixo hai 17 anos a Deputación de Lugo "segue inmersa nun proceso xudicial"
ameijide-parque-mobil-deputacion
17 May 2024

Os deputados populares instan a Tomé a facilitar a documentación solicitada sobre o Plan Parcial de Paradai a semana pasada, unha vez cumprido o prazo legal máximo para poñela a disposición (5 días hábiles) xa que “imaxinamos que a deben ter a man porque seguramente tiveron que remitila hai pouco ao xulgado”.

Así, din que "PSOE e BNG teñen que permitir de inmediato acceso ao expediente da venda pública en Paradai sobre o que o PP porá “luces e taquígrafos” para coñecer a verdade".

Os populares explican que a venda pública de terreos que fixo hai 17 anos a Deputación de Lugo "segue inmersa nun proceso xudicial despois de que o adxudicatario solicitase a devolución dos cartos pagados, dos intereses de demora e o lucro cesante, xa que en todos estes anos a Deputación de Lugo foi incapaz de poñer os terreos a disposición desta persoa por non desenvolver o Plan Parcial de Paradai".

Por isto, os populares solicitaron, o pasado xoves 9 de maio, acceso e copia ao expediente para poder “estudar en detalle” toda a información, pero “nada sabemos máis aló de que se nos informará do día, a hora e o lugar no que se poderá consultar dito expediente”.

O voceiro popular, Antonio Ameijide, pregunta “que teñen que ocultar José Ramón Gómez Besteiro, José Tomé, o PSOE e o BNG para non cumprir coa lei e facilitar o acceso á documentación. Imaxinamos que non debería ser moi difícil entregar este expediente xa que, seguramente, non hai moito que tiveron que remitilo ao xulgado”, sinalou.

Ameijide subliña que “queremos acceder a ese expediente para coñecer a demanda, e que así os lucenses poidamos coñecer exactamente a canto pode ascender a indemnización e o que se reclama por este incumprimento de contrato da Deputación de Lugo durante todos os mandatos socialistas e nacionalistas”.

Dende o Grupo Provincial Popular esiximos “luces e taquígrafos” para coñecer con detalle todo o que sucedeu nestes 17 anos nos que nin socialistas nin nacionalistas, dende a Deputación e o Concello de Lugo, foron incapaces de desenvolver este Plan Parcial, “mecanismo imprescindible” para que culminase a venda pública de terreos iniciada hai 20 anos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18617510795593