Os hortos de Paxariños, en Lugo, xa están cos seus donos temporais

LugoXa
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez fixo entrega dos Hortos Urbanos de Paxariños ao seus novos adxudicatarios
Entrega hortos urbanos Lugo
19 Jun 2022

Os novos adxudicatarios dos hortos urbanos municipais do Parque dos Paxariños xa recibiron os seus terreos. Foi a rexedora de Lugo, Lara Méndez, quen lles fixo entrega, onte, dos horteiros.

A alcaldesa quixo compartir a posta a disposición das parcelas aos beneficiarios, instante que aproveitou para agasallalos con hortalizas de tempada como pementos, cebolas, cabazas, cabaciñas e tomates para que puideran comezar xa a cultivalas.

“Trátase dun momento moi especial polo agarimo que dende o Executivo lle puxemos a este proxecto co que, xa dende o anterior mandato, estamos facilitando ás familias recursos que fomentan prácticas sustentables e saudables, de autoconsumo, respectuosas co Medio Ambiente, que ademais favorecen a conservación e coidado da contorna e que tamén propician a creación de espazos de convivencia social ao redor da labranza, tan inherente a nosa identidade lucense”, asegurou Lara Méndez.

O acto incluíu unha charla do experto en agricultura ecolóxica Carlos Brea quen achegou ás e aos asistentes unha serie de pautas e recomendacións, para poñer en marcha prácticas en prol dun aproveitamento sostible da terra.

Un aspecto fundamental, para o Goberno de Lara Méndez, como así se recolle xa nas normas de utilización polas que se rexen estes hortos e dentro das que se lles dá especial preferencia aos cultivos autóctonos e ás plantas comestibles de tradición hortícola, ás aromáticas e tamén ás medicinais.

Pola súa banda, o concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández, lembrou que, en total se habilitaron 32 parcelas de, aproximadamente, 30 m² cada unha dentro dunha extensión de máis de 3.000 m² de zona verde, sita entre a Rolda das Fontiñas e o paseo fluvial do Rato, a carón da barrio do Xuíz.

“O recinto conta tamén con espazos dotacionais como estacionamentos e unha caseta de madeira para a garda de apeiros de labranza e material de traballo, e dispón de fontes de rega adaptadas á contorna e de mesas e bancos de uso público. A nosa vontade é que todos os usuarios gocen moito destes hortos, que o seu cultivo lles sexa moi proveitoso non só a nivel produtivo e que entre todos contribuamos a defender valores de coidado e respecto polo planeta”, concluíu o tenente de alcaldesa.

Hortos urbanos lugo (1)
Hortos urbanos lugo (2)

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20953512191772