Os locais de hostalaría poderán colocar caldeiros do Polbo durante o San Froilán

LugoXa
Os interesados poden presentar xa as súas solicitudes a través da web
pulpo-polbo
14 sep 2024

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, durante un encontro co presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, Cheché Real, e o secretario Jacobo García-Bobadilla, anunciou que o Goberno de Lugo autorizará aos distintos locais de hostalería da cidade a instalación de caldeiros na rúa para vender polbo durante o San Froilán. Ferreiro explicou que “tendo en conta a boa acollida que tivo no sector da hostalería nos anos anteriores, este ano proponse continuar con esta iniciativa do 4 ó 13 de outubro”.

Os locais de hostalería interesados poden presentar as súas solicitudes cumprimentando o formulario que se pode atopar na web do Concello e presentando a documentación necesaria. Unha vez aprobada a solicitude, os caldeiros poderán estar en funcionamento entre o 4 e o 13 de outubro.

Ferreiro insistiu en que “en todo momento garantirase o tránsito peonil na zona, así como os accesos ás vivendas, garaxes e locais comerciais, deixando suficiente espazo para que os peóns e usuarios circulen con seguridade”. De non cumprirse a normativa, incide, a Policía Local poderá ordenar a retirada total ou parcial dos elementos que non se adapten ou dificulten o tránsito de peóns e vehículos.

0.10668778419495