Os lucenses, subcampións en tres categorías no Campionato Galego de Billar Pool
Os xogadores lucenses lograron unha destaca actuación no Pazo de Feiras de Congresos de Lugo durante o XXXII Campionato Galego de Billar Pool. A competición tivo lugar os días 28, 29 e 30 de xuño nas Modalidades de Parellas Escocesas de 1ª, 2ª e 3ª Categoría e de Equipos de 1ª, 2ª, 3ª, 4ª e 5ª Categoría. Deste xeito, Daniel Rodríguez e Borja Argerey foron subcampións, así como tamén Joaquín de Santiago e Omar Engroba e os equipos Tiempos Xabarín e Tiempos Brasil.
Pola súa parte, Pablo Magide e Santiago Velez, Tiempos Bolita & Bolita, Tiempos Pool & Beer e Open Pool D´Vuelta quedaron entre os primeiros 4 clasificados. A Competición Individual comeza a próxima fin de semana desde o día 5 ao 7 de xullo. O venres 5, a partir das 15.00 horas, terá lugar o Campionato Galego Sénior de 1ª, 2ª e 3ª Categoría e o sábado, o Campionato Galego Individual en todas as categorías, 1ª, 2ª, 3ª e 4ª. O domingo 7, continún as competicións Individuais e ademais dará comezo os Campionatos Galegos Júnior, Xuvenil, Feminino e Súper Sénior.