Os Madrugadores de Antas de Ulla tiveron actividades de concienciación pola Semana Internacional das Persoas Xordas

LugoXa
A Escola Municipal de música de Antas de Ulla abre o seu prazo de inscrición para o novo curso ata o 15 de setembro
1 antas de ullas madrugadores concienciacion persoas xordas 2023 1
20 Sep 2023

O servizo de Madrugadores do Concello de Antas de Ulla organizou esta semana varias actividades de concienciación para os nenos e nenas con motivo da celebración da Semana Internacional das Persoas Xordas.

“O servizo de Madrugadores, ofertado polo Concello de Antas de Ulla, pretende ser un espazo de conciliación familiar e laboral, no que ademais de realizar un almorzo saudable tamén se levan a cabo actividades de concienciación, ocio e tempo libre”, asegura a alcaldesa, Pilar García Porto.

Con motivo da celebración da Semana Internacional das Persoas Xordas, no servizo de madrugadores realizáronse varias actividades para coñecer a linguaxe de signos, ademais de crear conciencia sobre cuestións ás que as persoas xordas se enfrontan na súa vida cotiá.

Explicándolles aos nenos e nenas a celebración desta semana, preténdese reivindicar e visibilizar a realidade das persoas xordas ante o mundo, onde teñan cabida as súas demandas en cuestións de dereitos e onde se pon en valor a riqueza da cultura xorda.

antas de ullas madrugadores concienciacion persoas xordas 2023 1

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18542981147766