Os maiores informáronse onte en Lugo sobre servizos
LugoXa
A Delegación Territorial da Xunta acolleu hoxe unha xornada informativa sobre servizos e prestacións da Administración autonómica para persoas maiores.
30 Jan 2024
A Delegación Territorial da Xunta acolleu hoxe unha xornada informativa sobre servizos e prestacións da Administración autonómica para persoas maiores. Foi organizada pola Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude a petición da Asociación de Xubilados e Pensionistas de Lugo.
A reunión serviu para explicar temas de interese e aclarar dúbidas dos asistentes. Entre as cuestións que se abordaron destaca o procedemento para a declaración da dependencia e os servizos que ofrece a Xunta ás persoas que teñen recoñecida esta situación; así como os requisitos para dispoñer da Tarxeta de Mobilidade de Galicia, que facilita viaxes gratuítas a maiores de 65 anos.