Os médicos da provincia maniféstanse en Lugo para visibilizar a precariedade laboral
Os médicos da provincia sairon onte a rúa para facer visible a súa precariedade laboral. Mais dun centenar de persoas concentráronse entre a Praza Maior e a Delegación Territorial da Xunta nunha xornada histórica na que ademais portaron pancartas cos rostros dos compañeiro que non estaban presentes por estar de servicios mínimos.
Este mércores a Consellería de Sanidade terá unha cita coa Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM), que acudirán a reunión con posibilidad de desconvocar "temporalmente" a folga indefinida se cumplen determinadas condiciones.
A Confederación Estatal de Sindicatos Médicos, CESM, convocou a folga indefinida de facultativos e persoal do Sergas o pasado 11 de abril para reivindicar melloras nas condicións do persoal como xornadas de 35 horas semanais, equiparación do prezo da hora de garda ao resto das comunidades autónomas ou a extensión do complemento específico a todos os médicos.