Os Nabos de Gracián presentan o seu primeiro fanzine en Castroverde

LugoXa
Durante a presentación, ademais de falar sobre o fanzine e o proceso creativo, haberá unha actuación musical a cargo do Dúo ConVersoS
Os-Nabos-de-Gracián-Castroverde
28 Mar 2025

O colectivo cultural Os Nabos de Gracián, nado durante a pandemia co obxectivo de fomentar o sentimento de pertenza e a cultura, presentará o seu primeiro fanzine titulado Ouriolos do estramonio.

O evento terá lugar esta tarde ás 19.00 horas no Centro Sociocultural Paco Pestana en Castroverde, berce fundacional do colectivo e fogar de varios dos seus integrantes.

A publicación, que destaca pola súa diversidade tanto en contidos como nos rexistros da lingua galega, conta con achegas de todos os membros do colectivo: Sonia Melón, Anxela Gracián, Trashorras Nogueira Xesús, Manuel Vázquez, Cone Juan Morado, Xesús Bermúdez Tellado, Rafa Ramos Fdez, Eduardo Carreira, Dani Costas e o dúo ConVersoS (Jose Manuel Do Castro e Toño Núñez).

Ademais, Ouriolos do estramonio inclúe colaboracións de destacadas figuras da cultura galega como Mercedes Vázquez Saavedra, Xosé Manuel Otero, Amador Fonfría Santín, Isabel Cadenas Pérez, Christian Villamide, Xana Iriarte, Quique Roxíos, Miguel López Rodríguez, Jose Estévez, A Flaira María Rodríguez e Lorenzo Montes, autor da portada.

Durante a presentación, ademais de falar sobre o fanzine e o proceso creativo, haberá unha actuación musical a cargo do Dúo ConVersoS.

Os Nabos de Gracián convidan a toda a comunidade a participar neste encontro cultural, que promete ser un espazo de intercambio, reflexión e celebración da nosa lingua e identidade.

⚙ Configurar cookies
0.17697906494141