Os nadadores do PortaMiña levan ao máis alto a natación lucense
LugoXa
Os representantes do club competirán coa Selección Española no Campionato Europeo de Augas Abertas e no de España Alevín
11 Xul 2024
Os representantes do PortaMiñá volven a levar ao máis alto ao club e a natación lucense en outras dúas grandes nas que representarán á entidade. Inés Mourenza viaxa coa Selección Española a Viena (Austria) para disputar o Campionato Europeo de Augas Abertas e competir na distancia de 7,5K.
Mentres a Cidade Real viaxan para competir no Campionato de España Alevín Laura Abuin, que tomará parte nos 800 e 200 libres; Patricia López, nos 800/400 libres e 200 costas; Alba Lema, nos 50/100/200 costas; Antía Prieto, nos 100/200 libres e 200/400 estilos e tamén Adrián Fernández, no 200/400/800 libres e 200 estilos e substitucións 4x100 libres, 4x200 libres e 4x100 estilos.