Os nenos da Fonsagrada réndense ás actividades fluviais da Deputación

LugoXa
Esta fin de semana comezou o programa gratuíto e de lecer da Deputación con kaiak, pádel surf e inchables, entre outras propostas
Actividades Fluviais da Deputación   A Fonsagrada
3 Jul 2022

Éxito de participación na primeira xornada das Actividades Fluviais gratuítas da Deputación de Lugo, que se celebrou esta fin de semana na Fonsagrada con propostas de kaiak, pádel surf e inchables, entre outras propostas. Levouse a cabo no entorno fluvial de Pena do Inferno, contribuíndo a poñer en valor a riqueza natural do concello.

Os veciños e veciñas, así como as persoas que visiten a provincia de Lugo este verán terán grazas á Deputación unha alternativa de ocio activo, ao aire libre e que axuda a dinamizar a vida social e económica dos concellos. Así mesmo, con esta proposta, a institución provincial busca consolidar un turismo de calidade, sostible, de experiencias, e con capacidade para atraer xente durante todo o ano.

O programa, dirixido a maiores de 6 anos, continuará o 16 e 17 de xullo nas praias fluviais da Pobra de San Xiao, en Láncara, e na de Begonte, respectivamente. Ata o 15 de agosto haberá tamén actividades nos concellos de Trabada, Monterroso, Ribeira de Piquín, Vilalba, Navia de Suarna, Alfoz, e Negueira de Muñiz. As persoas interesadas en participar poden facer a inscrición no propio lugar da actividade ou no 636.504.155.

As Actividades Fluviais súmanse a outras iniciativas que a Deputación de Lugo ten en marcha, como o programa de turismo deportivo e de aventura Actívate; o programa Coñece a túa Provincia, do que se beneficiarán esta tempada unhas 3.000 persoas de 135 asociacións, ou tamén o programa Saborea a túa Provincia, unhas xornadas de lecer e gastronómicas que terán lugar o mes de agosto.

0.16106414794922