Os nenos de Portomarín recibirán aos Reis Magos o mércores 5

LugoXa
Los niños de Portomarín recibirán a sus majestades de Oriente, los Reyes Magos, a las 17.30 horas na praza do Concello.
reis magos portomarin
4 Xan 2022

As súas Maxestades de Oriente veñen da súas terras lonxanas para visitar aos nenos e nenas de Portomarín no día de mañá, mércores 5 de xaneiro.

Os Reis Magos farán a súa aparición na praza do Concello ás 17.30 horas para que os pequenos poidan facerlle as súas peticións e desexos de maneira presencial.

Debido á situación sanitaria que se está a vivir, as maxestades pregan o cumprimento das medidas de seguridade oportunas e o uso da máscara en todo momento.

Esta cita pechará o ciclo de actividades de Nadal e será a derradeira cita festiva dos pequenos antes da volta ás aulas. Unha xornada de ocio e lecer que aproveitarán para facer parroquia e socializar cos veciños. Ademais, ao ser ao aire libre estarase garantindo a ventilación precisa para frear os contaxios mantendo a prudencia necesaria nestes casos e actividades.

0.11066293716431