Os novos alcaldes de Rábade e Monterroso fan a primeira reunión coa Xunta
TerraChaXa | LugoXa
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, mantivo senllas reunións cos rexedores de Monterroso, Eloy Pérez, e Rábade, Remedios González
12 Xul 2023
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo senllas reunións de traballo cos rexedores de Monterroso, Eloy Pérez, e Rábade, Remedios González, para tratar asuntos de interese municipal.
Nesta reunión, que tivo lugar na Delegación Territorial, Arias destacou a colaboración do Goberno galego cos concellos, “especialmente cos de áreas rurais, na dotación de infraestruturas e servizos que equiparen as condicións de vida e de traballo coas zonas urbanas e axuden a fixar poboación e crear emprego”. O delegado sinalou que este é un obxectivo transversal e referiuse a algunhas iniciativas e programas de axuda que desenvolven as distintas consellerías.