Os novos sinais contra a violencia machistas sofren os primeiros actos vandálicos

LugoXa
O Executivo de Lara Méndez condena os actos vandálicos na nova rede de sinalización contra a violencia machista
violencia de xenero actos vandalicos sinais
21 Xul 2023

O Executivo de Lara Méndez condenou o ataque á nova rede de sinalización contra a violencia machista instalada polo Goberno nos principais accesos á cidade. O obxectivo desta iniciativa, levada a cabo ao abeiro do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, é aumentar o nivel de concienciación cidadá sobre esta lacra, reforzando o labor que a institución leva a cabo nesta materia. “Expresamos a nosa firme condena a este ataque que, con nocturnidade e aleivosía, pretende evidenciar a belixerancia do ideario ultraconservador que nega que exista unha violencia contra as mulleres polo mero feito da súa condición de muller”, sinalou a tenenta de alcaldesa de Cohesión Social, Ana González Abelleria.

“Este tipo de agresións contra a igualdade son consecuencia directa da polarización política que fomenta a dereita radical no contexto nacional. É imperdoable que o negacionismo da violencia de xénero no que están instalados os partidos da dereita permitan sentir a estes vándalos a suficiente impunidade como para acometer actos tan desprezables como este. Desde o momento en que un líder político cualifica de “divorcio duro” un caso de violencia machista comézase a branquear este tipo de comportamentos que constitúen a expresión máxima da violencia contra as mulleres e que desgraciadamente estamos a sufrir como sociedade.”, afirmou a edila.

“É preciso que desde as institucións públicas expresemos a nosa máxima repulsa contra a ideoloxía retrógrada promulgada por estas opcións políticas. Todo o que non sexa loitar contra a violencia machista é ser cómplice da mesma. O auxe de comportamentos como este poñen en risco os avances logrados nos últimos anos en prol desta loita. Lamentablemente, o avance do ideario ultraconservador no contexto estatal está a arrastrar na súa deriva a formacións políticas que ata fai ben pouco formaban parte do consenso social existente contra esta lacra e do que agora renegan por intereses puramente electorais”, concluíu González Abelleria.

0.14362597465515