Os pais de Rábade maniféstanse ante a Xunta pedindo que suspenda a unificación de aulas
O pais do colexio Otero Pedrayo de Rábade seguen recollendo apoios da veciñanza na súa loita contra a decisión da Xunta de unificar as clases de 4º e 5º de primeira debido ao baixo número de alumnos.
As concentracións comezaron a semana pasada cando os pais recibiron a noticia e recrudecéronse hoxe co inicio do curso. Os pais non enviaron aos pequenos ao colexio na xornada inaugural e concentráronse ante a sede da Xunta en Lugo para reclamar que dé marcha atrás nesta decisión.
As concentración sumáronse durante a fin de semana co apoio dos partidos políticos PSOE e BNG, así como en colectivos deportistas, xa que tamén mostraron pancartas de apoio nalgunha das competicións deportivas.
Polo de pronto na xornada de hoxe os pais cortaron a N-VI con pancartas mentres esperan unha contestación da Xunta.
Pola súa parte, o PSOE de Rábade, a través do seu voceiro municipal, Alejandro Martínez, esixiu este domingo á Xunta de Galicia “que poña fin aos recortes salvaxes da Consellería de Educación e que rectifique a decisión de unificar os cursos de 4º e 5º de Primaria do colexio nunha mesma aula”. Explicou que o ratio do alumnado non variou nos últimos anos e que todo se debe a que a Xunta non quere cubrir a baixa por xubilación dunha profesora.
“Chegaremos ata onde sexa necesario para a reparación desta inxustiza”, asegurou Martínez, que expuxo que a directriz da Xunta “chegou a poucos días de empezar o curso, de xeito arbitrario e unilateral, coa única finalidade de aforrar”. “Un novo menoscabo ao rural, porque nas cidades non se atreven a facer algo así. Esta decisión vai en contra da Lei que garante a igualdade de oportunidades no rural. Ademais, os pequenos son de ciclos diferentes e non ten sentido xuntalos”, lamentou o socialista, que apunta que en cada curso hai 8 nenos e nenas e que dous deles teñen necesidades especiais.
Martínez asegurou tamén que “mañá estaremos coa Asociación de Nais e Pais do CEIP Otero Pedrayo na manifestación convocada diante do centro”. A concentración, que coincidirá ademais co inicio do curso escolar 2023-2024, está prevista para as 9.00 horas e é a segunda que ten lugar na localidade por este motivo.
Iniciativas parlamentarias
O Voceiro do PSdeG en Rábade anunciou tamén que os socialistas xa levaron o venres ao Parlamento autonómico diferentes iniciativas para que a Xunta rectifique e manteña en funcionamento de xeito separado os niveis de 4º e 5º de Educación Primaria no Colexio de Rábade e, neste sentido, a agrupación local presentará mañá unha moción a abordar no vindeiro Pleno municipal.