Os parques de Lugo pecharanse esta tarde pola previsión de ventos de ata 70 km/h

LugoXa
Ademais, desde o Concello de Lugo pídenlle á cidadanía que respecten estas limitacións, evitando correr riscos innecesarios
Parque-Rosalía-de-Castro-Lugo
7 Jan 2025

O Concello de Lugo informa de que a última hora desta tarde está previsto que pechen os parques da cidade ante a chegada dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel amarelo, por ventos de compoñente sur que poden deixar refachos de ata 70 quilómetros por hora e que afectarán o centro da provincia de Lugo.

Dende Transición Ecolóxica explícase que operarios dos servizos municipais precintarán, por tanto, os parques de Rosalía de Castro, Frigsa, Paxariños e Marcos Cela, quedando prohibida a entrada aos mesmos dende ese momento.

Ademais, faise un chamamento á cidadanía para pedirlle que respecten estas limitacións, evitando correr riscos innecesarios para non poñer en perigo a súa seguridade.

0.1670970916748