Os partidos políticos comezaron a campaña coa tradicional pegada de carteis
LugoXa
Os partidos políticos de Lugo comezaron esta madrugada oficialmente a campaña coa tradicional pegada de carteis.
12 Maio 2023
Os partidos políticos de Lugo comezaron esta madrugada oficialmente a campaña coa tradicional pegada de carteis. Os principais estiveron rodeados por un grupo de militantes e votantes neste acto oficial que ten unha fonda tradición.
O PSOE escolle o marco da Muralla e a alcaldable, Lara Méndez, estivo acompañada polo delegado do Goberno, José Ramón Gómez Besteiro. O BNG presentou o seu cartaz tamén na muralla, concretamente na zona da Mosqueira.
O PP escolleu a praza da Milagrosa para dar inicio á campaña e Ciudadanos fixo dous actos, un na Milagrosa e o outro na praza da Constitución.