Os pescadores da Ulloa mantiveron unha cita esta fin de semana no concello de Monterroso
Nos últimos días inaugurouse o novo Paseo Fluvial “Fernando García Vila” (Calabrán) en recoñecemento á paixón do monterrosino pola súa vila e especialmente ao río Ulla co seu traballo incesante en prol da Asociación de pescadores.
Ademais foi inaugurado o canal de alevinaxe para a cría de troitas. Un longo e arduo traballo da asociación en colaboración co Concello de Monterroso, no que durante meses se traballou arreo para poñelo en marcha. Con este traballo a asociación é a única con estas instalacións.
Tamén durante esta fin de semana celebrouse o Memorial anual no que asistiron numerosos pescadores, a meirande parte dos membros da corporación municipal, Ánxeles Vázquez a conselleira de medio ambiente, José Tomé presidente da Deputación de Lugo, Belén do Campo Directora Xeral de Patrimonio Natural, diversos alcaldes de concellos limítrofes, senadores e deputados.
A alcaldesa de Monterroso recalcou o gran traballo de toda a directiva da Asociación de Pescadores, a colaboración co Concello e o gran traballo aprol e en defensa do río Ulla.