Os pilotos do Rally San Froilán fixeron a súa primeira reunión en Outeiro de Rei

LugoXa | TerraChaXa
A cita, organizada pola Escudería Miño, celebrarase o 18, 19 e 20 de outubro e constará de 5 tramos diferentes
rallye-san-froilan-outeiro-de-rei
18 Out 2024

Este xoves 17 de outubro ás 20:30 horas tivo lugar no Hotel Casas da Fortaleza (Outeiro de Rei) a comparecencia, con degustación de produtos da terra, de varios pilotos participantes do 46 Rallye OptimilkPro San Froilán.

Presidiron a comparecencia José Pardo, alcalde de Outeiro de Rei e Maite Vilanova, presidenta da Escuadra Miño.

Entre os principais protagonistas deste 46 Rallye San Froilán acudiron pilotos recoñecidos como Paco Dorado, Alberto Meira ou Daniel Berdomás.

O evento recolleu ata 10 vehículos desta competición.

O RALLY

A cita, organizada pola Escuadra Miño, celebrarase o 18, 19 e 20 de outubro de 2024 e constará de 5 tramos diferentes, todos eles a dobre pasada, tendo un total de 103,86 quilómetros cronometrados e un total de 448,08. Este ano, a cita contará cunha cifra de participación record (150 equipos) que consolida a proba lucense como a máis concorrida dos calendarios galego e estatal.

Os reagrupamentos serán en Area 507 de Outeiro de Rei e, xa pola tarde, na avenida Calvo Sotelo de Sarria. A proba deste ano finalizará en Ramón Ferreiro.

Os tramos serán a dobre pasada, en Outeiro de Rei (dúas, un en Bonxe e outro en Guillar), O Corgo, Láncara e entre O Páramo e Goián (Sarria), cun total de 103,86 quilómetros cronometrados.

0.19743800163269