Os pilotos Rubén Fernández e Daniela Guillén xa adestraron no circuíto Jorge Prado de Lugo

LugoXa
Prepáranse para o Gran Premio de España de Motocross, que se celebrará nestas instalacións os vindeiros 10 e 11 de maio
Motocross-Circuito-Jorge-Prado-Lugo
25 Apr 2025

Os pilotos Rubén Fernández e Daniela Guillén xa adestraron no circuíto Jorge Prado para o Gran Premio de España de Motocross, que se celebrará nestas instalacións os vindeiros 10 e 11 de maio.

O piloto galego de Honda Rubén Fernández e a catalá Daniela Guillén figuran entre os favoritos para facerse co título mundial na MXGP -principal categoría masculina- e a WMX -categoría feminina-, respectivamente.

A Xunta de Galicia é o principal patrocinador local da proba lucense, incluída no calendario do campionato mundial. Ao respecto, o delegado en Lugo, Javier Arias, lembrou que o retorno económico desta cita está cifrado nuns 4 millóns de euros. “Acollemos un espectáculo deportivo de primeiro nivel, co que iso supón de visitantes, dinamización económica, repercusión en medios e promoción turística”, subliñou.

⚙ Configurar cookies
0.16903114318848