Os populares de Lugo denuncian "unha falta de xestión e transparencia" por parte do Goberno local
Tras participar nas comisións que se celebraron este venres, os populares detectan “manobras dilatorias por parte do PSOE e do BNG para evitar contestar as preguntas e rogos que presentamos”. Deste xeito, afean ao Goberno local por introducir “polo procedemento de urxencia” varios recoñecementos extraxudiciais de crédito que non estaban na orde do día por un importe superior aos 100.000 euros.
Para Sanz tamén resulta sorprendente que “utilicen manobras
dilatorias” para contestar asuntos tan básicos como aclarar o que sucede coas xanelas arqueolóxicas da rúa Doutor Castro que trasladan “unha mala imaxe aos visitantes, xa que a maior parte do tempo hai cubos ou lonas sobre os mosaicos para recoller a auga das filtracións”.
Os populares aclaran que é a terceira vez que levan a cuestión a comisión e “vólvennos a dar longas afirmando que non dan resposta porque non corresponde a este organismo e debería tratarse en cultura”. Por outra parte, non están conforme con que un tema “tan sensible como é a reposición de desfibriladores en tótems nunha cidade, de presúmena é cardioprotexida, tenten pasar a responsabilidade á empresa”
En canto á situación do comercio local, outra evidencia da falta de transparencia, segundo eles, é o feito de que non publicasen na páxina web do programa Lugo Transforma os nomes da información das empresas que participan nesta iniciativa, “cando o pedimos ata tres veces”. Neste censo, desde o PP queren trasladar a súa preocupación ao ver “como ou PSOE e ou BNG concentran vos esforzos de dinamización”