Os populares de Lugo propoñen converter os edificios baleiros en vivendas ou aparcadoiros
Os populares defenderán no pleno unha iniciativa co obxecto de facilitar que os inmobles sen uso que hai en Lugo poidan empregarse como vivendas ou aparcadoiros. A voceira popular Elena Candia explicou que con esta proposta “mellorará a contorna e satisfará a demanda de arrendamento que existe”
Para explicar as modificacións que se necesitan impulsar dende o Concello, ao abeiro do decreto da Xunta que modificou a normativa de habitabilidade en Galicia, está previsto que este XOVES ás 20.30 horas se desenvolva unha xuntanza informativa aberta ao público no Hotel Méndez Núñez. O concelleiro popular Ramón Cabarcos explicou que os inmobles baleiros que proliferan en moitos puntos do municipio e que non teñen un uso previsible supoñen un “desperdicio de recursos e contribúen ao deterioro e a degradación da contorna urbana onde se sitúan”.
Esta nova posibilidade que se brinda á cidadanía suscita un gran interese entre a poboación e, dende o PP, mesmo avanzan que se pode estudar habilitar aparcadoiros en locais baleiros. Segundo a formación política, en zonas como A Milagrosa, poderíanse aproveitar edificios enteiros moi deteriorados para reconvertelos en aparcadoiros en altura. Para os populares esta reforma da normativa implicará que o Concello traballe de forma paralela na dotación de novas infraestruturas e servizos nos barrios onde se permita a reconversión de baixos en vivendas ou aparcadorios adecuándoos a nova densidade de poboación que se rexistre na zona.
Licenzas de obra
En canto á cuestión das licenzas de obra sosteñen que relaxarse “pensando que somos a cidade galega que concede máis licenzas é engañarse xa que o goberno local só ten que sair a rúa e escoitar o que pensa á veciñanza ao respecto dos retrasos na concesión de licenzas”.
A realidade é que “nun departamento con 5 arquitectos saen semanalmente dende que empezó este mandato de 4 licenzas por semana (media de expedientes resoltos entre o 31 de xuño ao 27 de decembro) o que confirma que queda moito marxe de mellorar”. Por iso, esperan que “non utilicen os números para xustificar unha mala xestión ou que usen de escudos aos técnicos indicando que as licenzas de obra en Lugo non saen por defectos nos proxectos”.